Concello da Coruña

Concello da Coruña

Forumáxico 2014 - Cayetano Lledó - Peregrino Máxico

Espectáculo que narra as asombrosas peripecias que ocorren ao longo do Camiño de Santiago.

A quen vai dirixido?:

Para toda a familia.

Cando:

20/09/2014 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

5.00 euros / Abono 3 familiar: 12.00 euros (como mínimo un adulto e un menor).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Un singular e divertido Peregrino está a percorrer o camiño de Santiago dende todos os lugares posibles para facer O camiño Inglés, O camiño Francés, O camiño por mar, etc... En cada etapa, co público, atoparase con diferentes personaxes que farán a súa viaxe inesquecible e absolutamente sorprendente. Terá que facer fronte non só ao cansazo, senón tamén ás inclemencias do tempo e demais adversidades.

Mediante o teatro, a comedia o humor e a maxia o público percorrerá o camiño ata Santiago pasando por todas as etapas que existen, vivindo unha chea de incribles e absurdas situacións.

O Peregrino Máxico é un espectáculo para nenos e adultos de idades comprendidas entre os 0 e os 99 anos. Un espectáculo con maxia, clown, mimo, malabares, danza, comedia, humor, mentalismo, etc especificamente creado para Cultura no Camiño.

 

Entradas: 5.00 euros / Abono 3 familiar: 12.00 euros (como mínimo un adulto e un menor)

Venda de entradas:

- Despacho da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

- Despacho do Fórum: unicamente o día da función, dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión