Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival Noroeste Pop-Rock 2014 Selección de teloneiros

A Concellería de Cultura abre o prazo para a selección dos catro grupos que participarán no Festival Noroeste Pop-Rock 2014 como teloneiros.

Cando:

Os días 28/06/2014, 06/06/2014, 13/06/2014, 27/06/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 21/05/2014 ata o 02/06/2014

Enderezo:

Coliseum. s/n. A Coruña

Requisitos:

  • Polo menos a metade dos membros do grupo deben estar empadroados nun concello galego dende o 1 de xuño do 2013.
  • Polo menos o 50% das composicións teñen que ser orixinais do grupo.
  • Cada persoa participante poderá presentar unha única solicitude, en calquera idioma.
  • Ningún dos grupos pode ser seleccionado para actuar nos concertos do Festival Noroeste Pop – Rock nas edicións de 2012 e 2013.

Información: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) imce@coruna.es

Remuneración / Dotación:

- O día 8 de agosto actuarán no Noroeste Pop Rock os gañadores das finais dos días 6 e 13 xuño.

- O día 9 de agosto actuarán no Noroeste Pop Rock os gañadores das finais dos días 27 e 28 xuño.

- Os dous primeiros clasificados cobrarán pola súa actuación 2.000,00 €, IVE incluído; os dous segundos clasificados cobrarán pola súa actuación 1.500,00 €, IVE incluído.

Organiza:

Concellería de Cultura

Documentos:

Bases (en castelán) (43 KB)

Bases (en galego) (43 KB)

FASES DE SELECCIÓN:

- Fase 1: Preselección. O xurado reunirase para escoitar os traballos presentados e preseleccionará de entre as persoas participantes a dezaseis grupos, que participarán na fase 2.

- Fase 2: Selección. Os días 6, 13, 27 e 28 de xuño farase a selección final, cunha actuación en directo dos grupos preseleccionados na Sala O Túnel (Coliseum).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión