Concello da Coruña

Concello da Coruña

Faemino y Cansado "¡Como en casa ni hablar!"

Este espectáculo foi creado entre a soidade dos campos e collados de Soria e a algarabía frenética e insoportable da Cava Baja de Madrid. E nótase!

Cando:

Dende o 11/04/2014 ata o 12/04/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Poucas veces o nome dun espectáculo cumpre tan perfectamente coa premisa de manifestar os sentimentos duns creadores: Coma na casa nin falar! Faemino y Cansado conseguen con ¡Como en casa ni hablar! a extra-madurez. Lembremos que a madurez xa a alcanzaron hai bastantes anos.

Que pretenden con este novísimo espectáculo? Pretender, pretender, nada. O que lles gustaría é que a xente rise polo menos 23 veces e que ao saír do teatro fosen mellores persoas e atopasen o sentido da vida.

E que utilizan para iso? 26 frases de contido hilarante espalladas durante a representación. E dado que só buscan 23 gargalladas trataríase de: 1) cubrirse as costas ou 2) un extra ou bonus-track. Concretemos: en que consiste ¡Como en casa ni hablar!?: Parodia do cómico “lasvegiense”, parodia do mimo “circosoliense”, parodia da atracción “cruceriense”, parodia do “cuentachistiense”… e moito salero.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión