Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición Maxia e fantasía

do Pintor Pedro Roldán

Cando:

Dende o 16/10/2014 ata o 10/11/2014

Xa rematou

Horario:

De luns a sábado de 11.30 a 14.00 h e de 18.30 a 21.30 h. Sábado pola tarde pechado.

Enderezo:

Galería de Arte Xerión. Rúa Modesta Goicouría 7, Bj. 15003 A Coruña

Se os pintores coloristas lle dan prioridade á cor antes que ao debuxo, se a cor é unha mostra de individualidade, se un cadro ten que ter un compoñente espiritual ético e estético, se a arte é a linguaxe dos sentimentos, se na materia e a cor reside o misterio, se o contido dunha creación debe ter fondura e se unimos a figuración máis alá do que alcanza a nosa vista, atoparémonos coa obra de Pedro Roldán.

Pero, se ademais de todo o anterior (máis importante que o ben feito) nos sorprende na procura do aberto, dun territorio que antes non estaba, para emprender a aventura de romper os límites impostos pola realidade e internarse de maneira incesante e distinta en cada creación (dende un espectáculo de cores) no mundo dos soños, da fantasía e da persecución do enigma a través de percepcións extrasensoriais, a súa creación catívanos e atrápanos milagrosamente.

E é que a pintura de Pedro Roldán é a interpretación da materia dende o seu mundo interior, pintando a luz só coa cor, non necesita as sombras para acender a luz no silencio.

E é que a pintura de Pedro Roldán é aire fresco na pintura dos nosos días, é o atrevemento e a valentía, para transportarnos a un horizonte meditativo que nos proxecta a un mundo onírico de onde, quen sabe, se non é o pranto escondido dunha alma que quere deter o tempo, inmortalizándose na súa pintura.

A obra de Pedro Roldán, infestada de elementos simbólicos e, eu diría, esotéricos, é unha mestura de maxia, de astroloxía, de matemática, de feiticeiría xeométrica, de irrealidades reais e dunha alquimia cromática que non deixa indiferente a ninguén.

Nubes rosas, amarelas ou violetas, ramaxes verdes que emerxen da neve, azuis montañas que se prologan (desafiantes á cordura) en tonalidades rosas, malvas e amarelas. Sienas, azuis, carmíns e verdes personalizados nunha inmensa gama, en ocasións, e puros noutras que, en forma de fadas, triunfan na beira da quietude da auga onde se reflicten.

Toda unha inmensidade de cores dispostas de forma libérrima e ilusoria provocan unha sensación de misterio no espectador, nun latexado de emocións, que reinventan unha paisaxe real sen límite.

Todo é plácido; a cor anuncia o inefable e do mesmo xorde o silencio, a paz, o atemporal, a soidade, a melancolía e os séculos buscándose a si mesmos na altura; porque, non existe o paso do tempo, nin a figura humana na súa obra, que tan só é insinuada na luz artificial das súas casas imbricadas na paisaxe á noitiña, cunha perfección formal que raian nun hiperrealismo místico, xamais coñecido na historia da pintura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión