Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición "En el nudo gordiano" de Victoria Diehl

INAUGURACIÓN: mañá xoves 15, ás 20.00 h na GALERÍA MORET ART, a obra da nova artista coruñesa VICTORIA DIEHL, unha figura fundamental dentro da fotografía feminina contemporánea.

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/09/2016 ata o 27/10/2016

Xa rematou

Horario:

DE LUNS A VENRES
de 10.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h

SÁBADO
de 12.00 a 14.00 h tarde con cita previa

O proxecto expositivo "En el nudo gordiano" xorde como un percorrido pola traxectoria artística de Vitoria Diehl. Deste xeito, a mostra compóñena obras de todas as series e traballos máis representativos da creadora: "Vida y muerte de las estatuas" (2003-2004), "El cuerpo vulnerable" (2007) e "En las moradas del castillo interior" (2011-2013) . Todo nace dun modo coherente, lóxico e sobre todo fluído. Parece como se unha obra nos fose levando cara a outra dunha forma natural pero mantendo cada serie as súas singularidades. A influencia do clasicismo, presente no propio título da exposición, e o romanticismo pódese recoñecer en todas as súas fotografías; as súas imaxes inspíranse en lendas e os mitos da antigüidade, sendo o corpo o eixo central do seu traballo, e o espido feminino ou non dos seus temas predilectos. A artista chega a cuestionar os límites da natureza nunhas obras que reflexionan sobre temas tan actuais como a beleza, os canons físicos e o paso do tempo.

As fotografías de Diehl reivindican as rexións fronteirizas, as especies intermedias e os seres en proceso de transformación e cambio. A súa fotografía traballa na distancia media entre o contemporáneo e o clásico, a realidade e a ficción, o vivo e o morto. E xusto a clave da súa obra áchase en que un nunca chega a resolver o conflito desas dicotomías. Quereriamos saber máis; atopar algunha greta que permitise escapar dun espazo ao mesmo tempo asfixiante e sedutor.

Vitoria Diehl comezou a súa carreira en 2003, sendo considerada e citada nos seus inicios entre os mellores 100 Fotógrafos Españoles. No ano 2014 realiza a portada do anuario cultural de The New York Times, no que aparece representada baixo un enfoque clásico a famosa actriz e guionista Lena Dunham. Os seus traballos "Vida y muerte de las estatuas", "El cuerpo vulnerable" e "En las moradas del castillo interior" foron expostos tanto a título individual como colectivo nos centros Cervantes, en feiras e festivais como ARCO Madrid, Photoespaña, Arte Lisboa, Estampa ou en museos como o Museo de arte Thyssen-Bornemisza, MNAC ou o Wellcome Trust de Londres. Na súa traxectoria destacan especialmente a bolsa da Academia de España en Roma en 2006, así como o 1&ou rdm; Premio no "IV Premio de Fotografía Aena". Ademais a súa obra forma parte de importantes coleccións públicas e privadas como Artium, Injuve, CGAC, MAC, Caja Madrid, a Academia de España en Roma, entre moitas outras.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión