Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición do Concurso Internacional Photoágora: "A cultura nos barrios"

Exposición das I XORNADAS PHOTOÁGORA, baixo o lema "A cultura nos barrios". Fotografías do gañador Óscar Palomares (Barcelona) coa serie "Gracia, tradición e cultura", e dos finalistas José Cadaveira (británico instalado na Coruña) con "Rúa Barcelona de pé" e Luis Davilla (Madrid) con "Wallstreet e arredores en Manhattan".

Cando:

Dende o 03/07/2013 ata o 30/09/2013

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/07/2013 ata o 15/08/2013

Duración:

Exposición: setembro 2013

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Remuneración / Custo:

1700 euros e unha exposición xunto a dous finalistas durante o mes de setembro.

Páxina web:

www.photoagora.es

Veredicto do primeiro Premio Internacional de Fotografía PhotoÁgora da Coruña baixo a temática "A cultura nos barrios": o xurado formado por catro fotógrafos de recoñecido prestixio composto por Vari Caramés, Miguel Riopa, Gabriel Tizón e Amador Lorenzo, despois dunha longa xornada onde tiveron que seleccionar entre máis de 1000 fotografías enviadas por fotógrafos de todo o mundo, decidiu outorgarlle o primeiro premio ao fotógrafo de Barcelona Óscar Palomares polo seu traballo "Gracia, tradición e cor", un traballo que en palabras do gañador reflicte a festa maior de Gràcia a través da súa cor.

O xurado decidiu outorgar este premio porque considera que é un traballo cunha mirada moi madura, cun nivel de composición e tratamento de cor ao máis alto nivel, ademais de expresar perfectamente o valor desta festa popular recoñecida internacionalmente. O premio está economicamnete dotado de 1700 euros e unha exposición xunto cos dous finalistas ao longo do mes setembro no Centro Ágora.

Ademais do gañador, tamén premiaron dous traballos finalistas, o fotógrafo nado en Londres e instalado na Coruña Jose Cadaveira polo seu traballo "Rúa Barcelona de pé" e o fotógrafo madrileño Luis Sánchez Davilla polo seu traballo "Wall Street e arredores en Manhatan", ambos dun moi alto nivel, sendo en palabras do xurado moi complicado o desenlace final que se decidiu por pequenos matices. A organización inaugurará unha exposición no Centro Ágora da Coruña a primeiros de setembro co traballo do gañador e dos finalistas.

Bases:

Primeira: No Primeiro Concurso de Fotografía Ágora poden participar fotógrafos de todo o mundo que realicen un traballo de fotografía documental coa temática “A cultura nos barrios”. Traballos fotográficos sobre a variedade cultural nos barrios de todo o mundo, imaxes  que reflictan a cultura que nos rodea día a día a través dos seus autores, obras, ambientes…

Segunda: Non queremos que gastes o diñeiro en copias e en envíos, de modo que habilitamos un sistema de envío online para que todos os participantes presenten o seu traballo vía Internet. Só se aceptarán entradas mediante este sistema.

Terceira: Presentaranse entre un mínimo de 6 e un máximo de 10 imaxes. As fotografías non poden ter sido publicadas previamente en conxunto, nin formar parte dun libro, nin ter sido premiadas colectivamente con anterioridade. As imaxes deben ser proporcionadas no momento de realizar a inscrición. A inscrición, que é gratuíta, debes realizala na web de PhotoAgora.es. Aquí atoparás toda a información necesaria para darte de alta e realizar o teu envío correctamente. Unha vez completado o formulario online e realizado o envío das imaxes a organización poñerase en contacto contigo para confirmar a inscrición. Xa só quedará esperar a que o xurado se decida. O prazo de envío de imaxes remata o 15 de agosto.

Cuarta: O xurado está composto por Vari Caramés (fotógrafo galego de recoñecemento internacional), Amador Lorenzo (actual gañador do premio Luis Ksado, finalista do certame Fototraballo), Miguel Riopa (fotógrafo de France Press, gañador de premios como Fotonikon categoría prensa, WorldPressPhoto, Luis Ksado) e Gabriel Tizón (fotógrafo e organizador do evento).

Quinta: O premio consiste en 1700 euros máis unha exposición xunto a dous finalistas durante o mes de setembro no Centro Ágora da Coruña. Cabe a posibilidade de que esta sexa unha exposición itinerante por diferentes cidades.

Sexta: Ademais do gañador, o xurado seleccionará dous finalistas durante a segunda quincena do mes de agosto.

Sétima: O gañador e os finalistas daranse a coñecer a finais de agosto, días antes das masterclasses dos fotógrafos asistentes.

Oitava: Os autores ceden os seus dereitos exclusivamente para a publicación e a difusión das imaxes premiadas e finalistas, así como para o uso promocional do propio premio en futuras edicións.

Novena: O gañador e os finalistas aceptan a reprodución gratuíta das súas imaxes en medios de comunicación masiva co único obxectivo de difundir os resultados do premio.

Décima: A participación neste premio implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.

Undécima: Deberás presentar as túas fotografías en formato dixital JPG. O arquivo de cada fotografía non pode superar os 5 mb. e o lado maior debe medir obrigatoriamente 1600 píxeles. As imaxes que superen esas dimensións serán automaticamente descartadas do concurso.

EXEMPLO: (Na fotografía que acompaña ao evento).

Duodécima: Tamén se debe achegar un breve texto explicativo do traballo, que se acompañará xunto ao envío do formulario.

Podes facer a túa inscrición e mandar as túas fotografías facendo click AQUÍ.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión