Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición de Roberto González Fernández

Nesta nova exposición na Galería Pardo Bazán convídanos a reflexionar sobre a morte a través de dous proxectos moi distintos.

Cando:

Dende o 10/10/2014 ata o 07/11/2014

Xa rematou

Horario:

De 19.00 a 21.00 horas de luns a venres e de 12.30 a 14.00 os sábados.

Enderezo:

Rúa Emilia Pardo Bazán 3, Bj. 15005 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

BOECKLIAS, unha serie de seis cadros que representan unha homenaxe ao pintor suízo Arnold Böcklin(1827-1901) que pintou cinco obras centradas na súa interpretación da "Illa dos Mortos".

Estas cinco obras e unha selección da serie aberta dende 1960 "In memoriam", dedicada a persoas falecidas na súa contorna configuran o proxecto que se exhibirá na galería.

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Roberto González Fernández nace en Monforte de Lemos (Lugo) en 1948. Estuda na Escola de Belas Artes de San Fernando, Madrid de 1969 a 1974. Trasládase a Edimburgo en 1977. Dende 1982 vive e traballa en Madrid e Edimburgo. En 1984 é bolseiro por “The N.Y. Foundation for the Arts”. A súa traxectoria está chea de exposicións, premios e asistencia a feiras de arte. A súa obra figura nos principais museos europeos e americanos.

Interesado pola pintura, debuxo ou fotografía, como medios para expresar ideas e sentimento, o seu estilo podería definirse como unha mestura entre formulacións conceptuais e realistas.

Dende os seus comezos móstrase interesado pola figura humana, sempre constante ao longo da súa traxectoria e o modo de reflectir pictoricamente a vida interior dos seus personaxes.

A preocupación do artista polo espazo e polo tempo faise evidente tanto no estilo narrativo da súa obra como na organización seriada do seu traballo. Cada nova invención procrea universos temporais e espaciais propios. Nos últimos anos e paralelamente á pintura desenvolveu, a través de técnicas innovadoras, numerosas series realizadas exclusivamente para a súa páxina web.

http://www.r-gonzalezfernandez.com/

 

Se o prefiren atoparán máis datos e fotografías en: http://pardobazantres.blogspot.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión