Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición de fotografía "Descansando fronte ao Atlántico"

Alex F. Romero expón unha pequena mostra do seu traballo.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos.

Cando:

Dende o 15/09/2014 ata o 20/09/2014

Xa rematou

Horario:

De 8.00 h a 21.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre e gratuíta.

Organiza:

Alex F. Romero

Aínda que titulada en empresariais, a miña paixón foi sempre a fotografía, hobby que dende hai un par de anos estou profesionalizando, asistindo novamente a clases da universidade, cursos, charlas, seminarios... A miña paixón polos cemiterios provén de hai moitos anos, cando sendo adolescente, ía visitalos con amigas en busca dalgún lugar recóndito inexplorado que albergase algunha historia antiga, ou en busca daquel arcanxo de trazos serenos, que aínda así, aterrorizábanos... pero ao mesmo tempo gustábanos.

Pasaron os anos e sigo mantendo a mesma fascinación. A serenidade que transmiten, as historias perdidas que xamais serán xa contadas, as xentes ilustres - ou non ilustres - esquecidas... séguenme cativando, porque no fondo é a nosa HISTORIA VIVA, aínda que, paradoxalmente, xa non o estea.

Con respecto ao cemiterio de San Amaro, atopeime con moita xente da mesma cidade que non saben situar tamaña xoia... Como é posible que se descoñeza a arquitectura e o patrimonio artístico deste camposando? Como é posible que se descoñeza que Pla y Cancela, Linares Rivas, Manuel Murguía, Marcial del Adalid - para algúns, simples nomes de rúas - moran entre os seus muros? É por iso que me sinto en débeda coa miña cidade, e se a través da fotografía podo espertar un interese, aínda que sexa mínimo, dareime por satisfeita.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión