Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de pais. 2ª Xornada de Psicoloxía Familiar

As xornadas centraranse en aspectos do desenvolvemento evolutivo infantil, relacionadas coa educación, o crecemento e a relación entre pais/nais e fillos. Nesta segunda sesión preténdense asentar as bases xerais do desenvolvemento evolutivo infantil dende o nacemento ata o ano/ano e medio de idade.

A quen vai dirixido?:

Pais e nais.

Cando:

14/11/2013, de 18:30 a 20:00

Xa rematou

Horario:

De 18.30 a 20.00 h.

Duración:

Hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Imparte: Lucía Cuevas (psicóloga e psicoterapeuta clínica).

“El bebé, a través del vínculo, hace hucha de ternura”.

Os contidos abordaranse dende diferentes perspectivas. Dende a figura do bebé, aclararanse as funcións básicas que ten que ir desenvolvendo o menor e dende o punto de vista dos pais/coidadores, concretaranse os labores de apoio fundamentais.

Continuaremos incidindo no papel do corporal e o sensitivo, que nesta etapa é factor esencial, para finalizar analizando as dificultades ou fallos que podemos atopar, así como o seu reflexo na idade adulta. Para identificar con maior rigor os conceptos, visualizaranse, a modo de exemplo, unha serie de vídeos e curtametraxes que permiten asentar as bases dun modelo educativo baseado no vínculo entre pais/nais e fillos.

Un modelo que teña en consideración as etapas propias de desenvolvemento e descanse sobre os piares que cimentan a seguridade persoal e a saúde mental.

Ao finalizar a sesión entregarase material (publicación) que poida ilustrar e/ou completar os aspectos abordados na aula.

Cada sesión de “Escola de pais” progresa apoiándose nos aspectos abordados anteriormente, por ese motivo, recoméndase continuidade na asistencia.

Contidos:

- Primeiro ano de vida.

- A dependencia absoluta.

- Do apego ao vínculo.

- A memoria corporal.

- A construción da identidade.

- O arduo traballo do bebé: construíndo o meu corpo, aprendendo a diferenciar entre realidade e fantasía, o impulso e o desexo invádeno todo.

- O labor dos pais/coidadores: estratexias que facilitan e acompañan o crecemento. Dotar de narrativa espazo-temporal.

- Adiantándonos ás posibles complicacións ou dificultades desta etapa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión