Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encrucillada

Na Fnac, presentación da mostra de Encrucillada. As instantáneas recollidas nesta exposición recollen unha década da obra do fotógrafo galego. A mostra monográfica reflicte o choque cultural da súa terra expresado a través dunha mirada afectiva cara a escenarios con certa atmosfera kitsch.

Cando:

Dende o 06/11/2013 ata o 22/01/2014

Xa rematou

Prezo:

Entrada libre.

Xurxo Lobato ofrece na exposición a súa particular visión da transformación que dende hai anos vive a súa Galicia natal, dacabalo entre a tradición e a modernidade. Deste xeito, a realidade preséntase como un renxeante colaxe que capta a mestizaxe entre o rural e o urbano.

Doutra banda, o uso abundante do grande angular permítelle ao fotógrafo ofrecer eses contrastes cunha amplitude narrativa tal que termina por suxerir unha lectura cinematográfica das súas imaxes.  

O pintor Antón Patiño afirma no prólogo do libro, do que se extraeron as imaxes para esta exposición, que as súas fotografías lembran o realismo subxectivo de Fellini así como o expresionismo atlántico contemporáneo, referentes no que se pode encadrar esteticamente a súa achega.

SOBRE O FOTÓGRAFO

Xurxo Lobato (A Coruña, 1956). Licenciado en Historia. Académico de Real Academia Galega de Belas Artes. Colaborador de El País, Mundiario, Getty Images. Coordina o premio Ksado da Deputación da Coruña e dirixiu cursos na UIMP e na Universidade de Santiago de Compostela.

Premio da Crítica do Día das Letras Galegas, e Premio Ortega y Gasset de El País, participou en máis de 40 libros con autores como Torrente Ballester, César Antonio Molina, Suso de Toro, Luis Carandell ou Manuel Rivas. Parte da súa obra figura en coleccións públicas como o Museo Reina Sofía, MARCO de Vigo, IVAM de Valencia, MAC da Coruña, Colección de Arte Contemporánea ‘Xéneros e tendencias nos albores do século XXI' de Alcobendas ou a Colección Coca Cola, entre outras. O seu traballo foi exposto nun gran número de exposicións individuais e colectivas, entre as que destacan ‘A paisaxe intervida', no Círculo de Belas Artes, ‘Negra sombra' en PHotoEspaña ou ‘Catro direccións: Fotografía Española Contemporánea' no Museo Reina Sofía.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión