Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro entre produtores

Produción de cinema, televisión e publicidade. Diálogo a tres entre José María Besteiro, Luís Manso e Emma Lustres.

Cando:

04/10/2013

Xa rematou

Horario:

De 19 a 21 horas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, ata completar capacidade.

José María Besteiro. Foi xefe de Produción e director de musicais en Canal Plus, un dos redactores máis novos de El País, manager de Amancio Prada, director da mítica revista El gran musical e hoxe director dun imperio mediático e empresarial. Director xeral da División Audiovisual do Grupo Voz e produtor executivo das series “Mareas vivas”, para TVG, e “Nada es para siempre”, para Antena 3 TV, en 1999 fundou BS@, Besteiro Servicios Audiovisuales, incubadora e xestora de proxectos e no 2000 Multimedia TeleFicción, empresa copropietaria xunto a RTVE da serie “Géminis” e distribuidora de series para Telecinco, Localia-Présa, Vocento, Grupo Godó, etc. No 2006 tamén creou TeleDistrivisión, unha canle de distribución de contidos para TDT con clientes como El Mundo TV. Foi produtor asociado da película A lingua das bolboretas e de series como “Libro de familia”, “Pasión de gavilanes” e “Sin tetas no hay paraíso”, que vendeu a Tele 5, todas elas fitos no mundo da televisión. Dende logo non lle falta traballo nin instinto para ver onde hai un éxito.

Luis Manso é produtor executivo de Películas Pendelton. Nomeado ao Óscar en 2007 xunto a Javier Fesser pola curtametraxe Binta y la gran idea, desempeñou o seu labor como produtor executivo en títulos como El milagro de P. Tinto, Cándida ou Camino (gañadora do Premio Goya á Mellor Película). Para o 2014 ten previsto a estrea de Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo, unha nova visión do famoso cómic tras a exitosa película La gran aventura de Mortadelo y Filemón, polo que gañou un Goya á mellor dirección de Produción.

Emma Lustres. Licenciada en Xornalismo e en Historia, esta grovense residente na Coruña é, sen dúbida, unha produtora de éxito e unha defensora da Marca Galicia. De feito é a súa base de operacións, tanto empresariais como fílmicas dende que no 2003 en Sanxenxo crease, xunto a Borja Pena, a produtora Vaca Films. Loitadora e gran coñecedora do sector audiovisual e das súas políticas de futuro, presiden o seu exitoso traballo películas como También la lluvia, Secuestrados, Lobos de Arga, Celda 211, Retornos ou Invasor ou as súas coproducións de Déjate caer, La zona, El partido, El tesoro, Cargo ou Somne. Pertence á Xunta Directiva de AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes), de AEC (Asociación Estatal de Cinema) e de FAPAE (Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais Españois), ademais de formar parte da Academia de Cine. É, ademais, membro do Consello Social da Universidade da Coruña.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión