Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro entre actores

A creación en tempos de crise. Sergio Peris Mancheta e Nacho López.

Cando:

03/10/2013

Xa rematou

Horario:

de 18 a 20 h.

Duración:

2 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, ata completar capacidade.

 

Sergio Peris-Mencheta (Madrid, 1975). Rostro coñecido na televisión grazas a series como “Al salir de clase”, “Arroz y tartana”, “Lobos”, “23-F: Historia de una traición”, “Tierra de lobos” ou “Isabel”, a súa traxectoria no cine está salpicada de películas significativas como El arte de morir, Menos es más, Dama de Porto Pim, Jara, La piel de la tierra ou Escuadra hacia la muerte. Encarnou a César Borgia en Los Borgia, filme histórico dirixido por Antonio Hernández, con quen volvería colaborar máis tarde en El Capitán Trueno e El Santo Grial e foi dirixido por José Luis Garci en Luz de domingo e por Jorge Coira en 18 comidas. Traballou en producións internacionais como Love Ranch, de Taylor Hackford, Su majestad Minor, ás ordes de Jean-Jacques Annaud, en Agentes Secretos xunto a Monica Belllucci e Vincent Cassel, e en Resident Evil: Ultratumba, acompañando a Milla Jovovich. Aínda que a súa faceta máis coñecida é a de actor, Peris-Mencheta compaxinou a interpretación coa dirección teatral, a súa “verdadeira vocación”, como afirma. Acaba de recibir o Premio Ceres 2013 do Festival de Teatro Clásico de Mérida ao Mellor Director por Tempestad e Un trozo invisible de este mundo.

Nacho López (Valladolid, 1976). Rostro coñecido especialmente na televisión, Nacho López chegou a Madrid con pouco máis que unha maleta e os seus desexos de ser actor. A súa oportunidade veulle polo seu papel de Sergio na popular serie “Al salir de clase”. Dende entón, participou na tv movie dirixida por Fernando Colomo “El pacto” e en “Entre cien fuegos”, de Peter Edwards e Iñaki Eizmendi, e en series como: “Amar en tiempos revueltos”, “Amar es para siempre”, “Isabel”, “Física o química”, “Círculo rojo”, “Impares”, “Con dos tacones”, “Inquilinos”, “Obsesión”, “Aquí no hay quien viva”, “Paco y Veva”, “Hospital Central” e “El Comisario”. Participou en varias curtametraxes e actualmente compaxina a súa carreira na pequena e gran pantalla coa de guionista e actor e director teatral. Seus son algúns dos textos que pasaron por Microteatro por Dinero.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión