Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro de interpretación

A relación entre o representante de actores e o director de casting. Antonio Rubial, cara a cara con Sara Billbatúa.

Cando:

04/10/2013

Xa rematou

Horario:

de 12 a 14 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, ata completar capacidade.

Antonio Rubial (León, 1973). Respectadísimo representante de actores, pisou a alfombra vermella dos Óscar en varias ocasións e hai quen di que é un “auténtico creador de soños”, provocando que as aspiracións se convertan en realidade. El mesmo afirma que entrou no mundo do cinema “por casualidade”, cando o produtor de televisión valisoletano Miguel Ángel Vila lle propuxo montar a medias unha axencia de modelos. Máis tarde formaría parte dunha das axencias máis potentes do mundo artístico en España, Kuranda, onde, cos anos e grazas ao traballo e a unha grande intuición, pasou de ser bolseiro a ser socio. Foi o xefe de prensa de Penélope Cruz e ocupouse, sempre dende un discreto segundo plano, de Elena Anaya, Natalia Verbeke, Goya Toledo, Najwa Nimri, Jordi Mollá, Juan Diego Botto, Quim Gutiérrez, Marta Etura, Olivier Martinez ou Manuela Velasco. De todos eles, e de moitos máis grandes nomes da escena española. Agora empezou unha nova e creativa aventura en solitario coa súa empresa A6 CINEMA.

Sara Bilbatúa é unha das directoras de castings máis valoradas en España. Licenciada en Psicoloxía e con estudos de arte dramática, a súa exitosa aventura no cinema comezou hai 20 anos coa preparación da repartición da película Justino un Asesino de la Tercera Edad, dirixida por La Cuadrilla e gañadora do premio á mellor película no Festival de Sitges en 1990. Dende entón a súa capacidade para achegar unha parte esencial, como é o casting na engrenaxe dun futuro proxecto, demostrouse tanto en cinema como en series de televisión e publicidade. Máis de setenta películas, con directores como Pedro Almodóvar, Mariano Barroso, Juanma Bajo Ulloa, Isabel Coixet, Chus Gutiérrez, Eva Lesmes, Julio Medem, Guillermo del Toro, David Trueba, Sebastián Cordero, Jaime Rosales, Juana Macías, avalan a súa traxectoria.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión