Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro de animación

O cinema de animación en España. Alberto Vázquez Rico fala con Manuel Cristóbal (Perro Verde Films).

Cando:

03/10/2013

Xa rematou

Horario:

 de 18 a 20 horas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto, libre ata completar capacidade.

Alberto Vázquez Rico (A Coruña, 1980), licenciado en Belas Artes, ademais dun auténtico experto en curtametraxes de animación, traballa como ilustrador, pintor e escultor. Este prolífico e novo autor, concursante habitual en Jameson Notodofilmfest, colabora con revistas e fanzines (Pictoplasama, Rolling Stone) e expuxo na galería de arte Trustnobody de Barcelona, Expo Injuve, Bienal de Málaga ou o “Saló del cómic” (Barcelona). Vázquez Rico foi galardoado cun Goya á Mellor Curtametraxe de animación grazas ao seu traballo Birdboy na pasada edición dos premios outorgados pola Academia de Cine.

Manuel Cristóbal. Productor audiovisual, licenciado en Comunicación Audiovisual pola UEM, graduado en dirección en ARTTS International UK e Master en Entretemento de TV polo Eric Pommer Institute de Berlín. Dende o ano 2001 produciu oito longametraxes para o mercado internacional, cinco delas en animación, e gañou catro Goyas á mellor película de animación.

Tras traballar en AGAPI como xerente e na Media Business School como coordinador incorpórase en 1999 como produtor executivo a Dygra Films para as longametraxes El Bosque Animado (primeira longametraxe de animación por ordenador de Europa) e El sueño de una noche de San Juan. No 2005 incorpórase como director de desenvolvemento e distribución a Zinkia Entertainment coas series Pocoyó e Shuriken School. No 2007 créase Perro Verde Films e produciu cinco longametraxes entre as que destaca El lince perdido presentado por Antonio Banderas e Arrugas, baseada no cómic de Paco Roca, dirixida por Ignacio Ferreras e considerada unha das películas de animación máis relevantes do 2012. No 2010 lanzou con Milrayas a App Contoplanet. No 2013 lanza a longametraxe documental en 3D Encierro e incorpórase a Noise Box Entertainment como produtor executivo da serie Planet-Play.

É secretario xeral de CARTOON, membro da Xunta Directiva da Academia de Cine, FAPAE e DIBOOS, tamén é membro da Academia Europea de Cine, a Academia Española de Televisión, a Academia Galega do Audiovisual, profesor asociado do Jili Animation Center en China, profesor de produción dixital de Universidad U-TAD incorporándose a UIP España, en 1997 foi o primeiro español con bolsa no Nipkow Programme de Berlín, no 2000 foi seleccionado pola EFA no seu programa de novos talentos en Islandia, no 2007 seleccionado por Variety como unha das 60 personalidades do Festival de Cannes e no 2008 elixido produtor en alza por European Film promotion. No 2012 con Perro Verde Films obtivo o CARTOON Tribute ao mellor produtor de animación de Europa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión