Concello da Coruña

Concello da Coruña

"En verdad os digo", de Goyo Jiménez

Goyo Jiménez chega para presentar o seu novo espectáculo, inédito en televisión, e titulado "En verdad os digo".

Cando:

28/09/2013

Xa rematou

Horario:

22 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

A partir do 2013, o considerado polo público e crítica como mellor monologuista cómico do país, deleitará na súa xira nacional ao público coa súa sorprendente, mordaz e desternillante visión da realidade e de como nos enganan constantemente, sen nocturnidade nin aleivosía.

En palabras do autor: "Estás farto de que che mintan constantemente? Canso de que che soltan patrañas cada dous por tres? Fastiado de que te enganen como a un chinés, cando ademais todos sabemos que esa expresión é incerta, pois os chineses non son enganados con facilidade, a non ser que sexas outro chinés, o chinés que manda en China, quero dicir, ese que os ten a todos enganados?" Se a resposta é afirmativa, este é o teu espectáculo, porque grazas a "En verdad os digo" aprenderás non só a darte conta de cando cha están dando con queixo, senón a escaquearte das consecuencias da mentira. Mesmo aprenderás a vingarte do cabroncete que cha quería coar, soltándolle ti unha bóla aínda máis gorda!

Non o dubides! Ven a ver "En verdad os digo" e notarás como a túa vida mellora substancialmente, e como, ademais, te volves máis guapo, máis saudable e saes DEFINITIVAMENTE da crise. E, se non é así, xuro que che devolverei os cartos!*

*(LÉASE RÁPIDO E CON VOZ DE ANUNCIO DE MEDICAMENTOS) Esta publicidade é subxectiva e non debe ser interpretada ao pé da letra. Poida que non saias máis guapo, nin máis saudable, nin saias definitivamente da crise. O único definitivo é que non se devolven os cartos. Grazas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión