Concello da Coruña

Concello da Coruña

Él mató a un policía motorizado

Él mató a un policía motorizado é unha banda de indie rock da cidade de La Plata, Arxentina, nacida en 2003 e integrada por Santiago Motorizado (baixo e voz), Doctora Muerte (batería), Pantro Puto (guitarra), Niño Elefante (guitarra) e Chatrán Chatrán (teclados).

Cando:

14/09/2013

Xa rematou

Horario:

Apertura de portas ás 22.30 horas.

Enderezo:

Sala Mardi Gras

Prezo:

13 euros e 10 euros en venda anticipada.

A banda combina o punk rock co noise rock, logrando un son de guitarras fortes distorsionadas e en primeiro plano. Entre as influencias de El mató a un policía motorizado cóntanse Los Pixies, Ramones, Weezer, Sonic Youth e The Velvet Underground.

Editan "Tormenta Roja" (simple) en novembro do 2003, como adianto do seu primeiro disco longa duración, "Él mató a un policía motorizado" (2004). No nadal do ano 2005 iníciase a triloxía que ilustra o nacemento, a vida e a morte, co disco "Navidad de reserva". Na primavera do ano 2006 aparece a segunda parte: "Un millón de euros". Finalmente, a triloxía cérrase con "Día de los muertos", a fins do ano 2008. Despois da xira do novo magnetismo, que levou a banda a percorrer a Arxentina, Brasil, Uruguai, Chile, Paraguai, España, Francia e Alemaña, tocando en festivais como a Primavera Sound en Barcelona, Porao do Rock de Brasília, Indie Fest en Río de Janeiro, o Mapa de Todos en Porto Alegre e o Personal Fest de Bos Aires, e logo do lanzamento de dous simples, “Mujeres bellas y fuertes” e “Chica de oro”, adiantos do novo material, chega "La dinastía Scorpio", o novo álbum de Él mató a un policía motorizado con once novas cancións. Percorrendo un novo espectro sonoro e relatando un novo imaxinario, "La dinastía Scorpio" presenta o principio dunha nova era, fresca, misteriosa e dun escuro optimismo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión