Concello da Coruña

Concello da Coruña

"El mago de Oz"

Agradecéndolle ao público o seu agarimo e fidelidade, "El mago de Oz, el musical", volve á carteleira da Coruña na 5ª tempada do musical nos escenarios. Dorothy, Espanta, Hojalata e León volven a escena para contar e cantar as súas aventuras na procura do Mago de Oz.

Cando:

09/03/2014

Xa rematou

Horario:

18 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

A historia é a de sempre, pero contada como nunca. Dorothy, unha nena que vive nunha pradería de Kansas, é transportada por un tornado ata o mundo de Oz. O que ela máis desexa é volver á casa. Para conseguilo terá que chegar a Ciudad Esmeralda para ver o mago de Oz, un misterioso home cos poderes necesarios para enviala de volta. Polo camiño atopará uns aliados moi especiais: un Espantapájaros sen cerebro, un home de Hojalata sen corazón, e un León covarde. Con todo, a malvada Bruja do Oeste fará o posible por arrebatarlle os zapatos de rubís que a súa protectora, a Hada Glinda, lle regalou para poder chegar a salvo. Aínda que nesta versión nada é o que parece. Humor, aventuras, maxia, sorpresas e música, coas mellores voces e un amplo repertorio de cancións, entre elas a versión do soado “Detrás do arcoiris”. A iso hai que engadir o excepcional traballo de maquillaxe e caracterización.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión