Concello da Coruña

Concello da Coruña

"El arte de la entrevista"

Cecilia recibe en préstamo unha cámara de vídeo para facer un traballo escolar: unha entrevista. Animada pola súa nai, acende a cámara ante a súa avoa. Esa entrevista desencadeará outras, desestabilizando para sempre a vida familiar e facendo que Cecilia, Paula e Rosa se vexan como nunca antes se viran.

Cando:

09/02/2014

Xa rematou

Horario:

19 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

En El arte de la entrevista hai cinco personaxes: tres mulleres, un home e unha cámara de vídeo. As mulleres, que viven baixo o mesmo teito, son unha anciá, a súa filla e a súa neta; o home é un intruso; a cámara é unha bomba.
Un día que parece igual ca calquera outro, baixo o aspecto de instrumento para traballo escolar, a cámara entra na casa.
A ambos os dous lados da cámara, as mulleres xogan a entrevistarse. Xogando, rin e fanse dano. Moito dano. Unha entrevista é unha forma de diálogo que ten as súas propias regras, a máis importante das cales é: eu pregunto, ti respondes e o silencio tamén é unha resposta. Unha entrevista é un xogo moi serio se se fai ante unha cámara que a rexistra. Unha entrevista é unha navalla. En El arte de la entrevista, as entrevistas entran en conflito, férense unhas a outras.
A cámara entra na casa e desestabilízaa para sempre, resignificando todos os días anteriores da vida familiar e facendo que tres mulleres se vexan como nunca antes se viran. A cámara converte un día calquera nun día de dor, pero tamén de esperanza. De esperanza cara ao futuro, dende logo, pero tamén de esperanza cara ao pasado. Cecilia, Paula e Rosa descobren que o pasado está tan aberto como o futuro.
E o home? Xa o dixen: o home –coma este que asina- é un intruso.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión