Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dous colosos no seu bicentenario. Pódese amar a Verdi e a Wagner ao mesmo tempo?

Ciclo de conferencias sobre a ópera na Fundación NovaCaixaGalicia.

Cando:

14/11/2012

Xa rematou

Horario:

20 horas.

Enderezo:

Rúa Cantón Grande 21.

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Dentro do ciclo de conferencias sobre ópera no Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña para reflexionar e debater as cuestións que o xénero nos presenta na actualidade: por que xa non existen cantantes coma os de épocas anteriores?, cal é o labor dun director de escena e por que exercen tanta influencia na ópera?, son Verdi e Wagner incompatibles?, como se prepara unha temporada lírica?, está morta a ópera? Estas preguntas serán abordadas en distintas sesións dende un punto de vista crítico e sempre con exemplos musicais recollidos en testemuños audiovisuais dos principais teatros do mundo.

Coñece a arte lírica a fondo todos os mércores de novembro e os dous primeiros do mes de decembro en Novacaixagalicia.

Nesta ocasión  a conferencia titúlase "Dous colosos no seu bicentenario: Pódese amar a Verdi e a Wagner ao mesmo tempo?"

A presente temporada operística vén marcada pola dobre conmemoración do bicentenario de dous colosos do xénero: Giuseppe Verdi e Richard Wagner, a miúdo opostos na imaxinación dos defensores dun e outro compositor, como se fosen incompatibles. Nesta sorte de vidas “paralelas” propoñerase un achegamento ás características que os unen, e a posibilidade de gozar de ambos sen traizoalos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión