Concello da Coruña

Concello da Coruña

Documental: "Febrero. El miedo de los galgos"

O documental "Febrero" plasma a realidade do galgo en España. A caza da lebre, práctica común en zonas rurais, expón ao galgo a unha vida de malos tratos e crueis adestramentos.

Cando:

27/02/2014, de 20:30 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

61 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Páxina web:

waggingtale.org/blog

Organiza:

IMCE

A caza da lebre, práctica común en zonas rurais, expón ao galgo a unha vida de malos tratos e crueis adestramentos. A tempada de caza acaba en febreiro e o número de galgos abandonados nesta época do ano dispárase. A maioría deles non supera os tres anos de idade.

Unha produción de Waggingtale Films, unha produtora nova localizada en Barcelona. "Febrero, el miedo de los galgos" é o noso primeiro longo documental. Con este filme, o noso principal obxectivo é o de comunicar a pésima situación de malos tratos e abandono do galgo no noso país. Queremos sensibilizar a sociedade, que se saiba qué lles ocorre aos galgos durante e despois da tempada de caza. Estes sofren unha vida de duros adestramentos (atados a vehículos de motor), malos tratos e explotación. A cría e abandono indiscriminado de galgos debe chegar á súa fin.

Este filme foi integramente financiado, filmado e editado por Irene Blánquez. A produción e promoción corre a cargo de Waggingtale Films de forma independente, sen ataduras de interese comercial ou político. SOS Galgos colabora na súa distribución por festivais de todo o mundo e promoción a través de distintos eventos.

Se queres estar ao día sobre este documental, sobre festivais, pases, promocións, etc, podes seguirnos a través de waggingtale.org/blog e en facebook.com/Waggingtale

FICHA TÉCNICA: España/2013

DIRECCIÓN E EDICIÓN: Irene Blánquez

BANDA SONORA: Ricard Latorre

AXDTE. POST. SON: Júlia Benach

COLORISTA: Marc Morató / Metropolitana

DESEÑO GRÁFICO: Mabel Vicente

PRODUTORA: waggingtale.org 

IDIOMA: español

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión