Concello da Coruña

Concello da Coruña

DISTOPÍA

"Distopía" é unha exposición que presenta ao colectivo de artistas HA!, cuxo obxectivo é facer chegar as súas inquietudes e visións do mundo, a través da fotografía, as artes plásticas, a música e o cinema.

Cando:

Dende o 13/07/2012 ata o 31/07/2012

Xa rematou

Horario:

De 9 a 21 horas.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

O termo distopía fai referencia a un lugar presuntamente ficticio, situado nun futuro afastado, dominado, ben polo caos, ou ben polo excesivo afán de poder do ser humano. A situación política actual fainos ver que as anteriormente mencionadas correntes distópicas poden confluír nunha soa. A economía cambalea os cimentos dunha sociedade que se construíu a cegas sobre ela, confiando en que sería sempre segura e á vez, sinxela de controlar.

Este golpe inesperado é o que fai que nos preguntemos se estamos a vivir a realidade ideal que pretendiamos alcanzar. Cada día é máis difícil definir o que é a felicidade. O correcto, os valores e as novas regras. E é agora cando nos damos conta de que aquilo que idearamos como ficción, a distopía, está a converterse en realidade.

Faremos algo respecto diso?

HA! é un colectivo de artistas co obxectivo de facer chegar as súas inquietudes e visións do mundo que os rodea, a través da fotografía, as artes plásticas, a música e o cinema. Para a súa presentación formal, HA! mostra a súa primeira exposición, "Distopía".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión