Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Díaz: Non pulire questo sangue" de Daniele Vicari

No 2001, o último día da reunión do G8 en Xénova, xusto antes de medianoite, máis de 300 policías asaltaron a escola Díaz buscando manifestantes.

Cando:

Os días 10/05/2014 ás 17:30 , 10/05/2014 ás 20:30 , 08/05/2014 ás 20:30 , 09/05/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

Funcións: xoves 8: 20.30 h, venres 9: 20.30 e sábado 10: 17.30 e 20.30 h.

Duración:

120 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano

Prezo:

3 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 2 euros).

Sesións do espectador: sábado 17.30 h (prezo único: 1.50 euros).

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programación maio - Sala Fernando Rey (1 MB)

Dentro da escola atopábanse 90 activistas, a maioría estudantes europeos, e un grupo de xornalistas estranxeiros, todos eles preparándose para pasar alí a noite. Cando a policía irrompeu, os mozos manifestantes levantaron as mans en sinal de rendición. Impertérritos, os oficiais descargaron unha violencia calculada e frenética, golpeando indiscriminadamente a mozos e maiores, homes e mulleres. "Díaz: No limpiéis esta sangre", reconstrúe os feitos deses terribles días dende o punto de vista da policía, os manifestantes, as vítimas e os xornalistas que se viron atrapados na traxedia para analizar como a frustración pode explotar en violencia crúa e incontrolada. A forma de rodar de Vicari, visceral, dinámica, lanza o espectador ao escuro corazón da política e lémbranos mediante a inclusión de imaxes reais que poida que esta sexa unha película, pero non é ficción.

 

Francia, Italia, 2012- 120 min

V.O.S. en castelán

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS

Formato: 35 mm

 

Funcións: xoves 8: 20.30 h, venres 9: 20.30 h e sábado 10: 17.30 e 20.30 h.

* Venres 9, charla - coloquio con: Javier Fernández (activista social)



 

Entradas: 3 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 2 euros).

Venda de entradas: en despacho de entradas dende media hora antes.

Venda anticipada: no ambigú, de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 20.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión