Concello da Coruña

Concello da Coruña

Desclasificados

Autor e director: Pere Riera. Elenco: Jordi Rebellón, Alicia Borrachero, Joaquim Climent.

Cando:

04/04/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón

A xornalista máis prestixiosa do país enfróntase á entrevista máis difícil da súa carreira: un cara a cara co presidente do Goberno, presuntamente implicado nun delito aberrante. O astuto secretario de Prensa do Presidente fará todo o posible para que a entrevistadora dubide mesmo dela mesma. Coñeceremos finalmente a verdade?

Esta non é unha obra sobre política. Tampouco é unha historia sobre xornalistas. Non é unha reflexión sobre as sempre convulsas relacións entre o poder mediático e a Administración. Desclasificados móstranos o encontro de tres personaxes con puntos de vista moi opostos sobre a ética, a integridade profesional e a dignidade do individuo.

Todos presumimos de dispoñer dunha escala de valores, duns principios reitores que nos fan ser dun modo ou outro; que nos fan xulgar as actitudes e as condutas dos demais dende un determinado punto de vista. Pero, que pasa cando estes valores, os principios máis sólidos que nos rexen, se ven sacudidos e cuestionados, mesmo contra nós mesmos? Cando sucede cando tomamos consciencia de que non somos tan íntegros, tan dignos, nin tan coherentes? Como asumimos a ruptura entre as nosas conviccións e a nosa vontade máis íntima? As persoas somos fráxiles. Por fóra e por dentro. Só cando se trata de xulgar o outro sentímonos valentes e capaces de opinar, de criticar, de demonizar a aquel que fai xustamente o que nós non facemos xamais. Xamais? Os nosos avós dicían: "nunca digas desta auga non beberei". Porque pode ser que un día bebas e te atragoes. Ou te envelenes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión