Concello da Coruña

Concello da Coruña

DESARAMAR'14 - Música para facer mundos, música para cortar arames

Desaramar é a forza da música fronte a todas esas secuelas sociais que seguimos sen poder erradicar.

Cando:

07/03/2014 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

21 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Día do concerto: 18,00 euros.

Venda anticipada, ata o 6 de marzo ás 23.59 h: 15,00 euros (carné xove, +65 anos, desempregados: 13,00 euros).

Creado por María Xosé Silvar (SÉS) o proxecto intenta estender a idea de que outra sociedade é posible.

Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo artes en igualdade. Para isto, promovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaboradores, fará un percorrido por temas propios e alleos que, dalgún modo, instálannos nesta idea.

Desaramar, romper os arames que nos impiden vivir en paz, é posible. A educación na igualdade é posible e hai que levala a cabo dende todas as tribunas, tamén dende os escenarios. E a unión é a chave: mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións.

Esta vez, Sés estará acompañada de Tareixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona, Mercedes Peón e Carlos Blanco.


Entradas: día do concerto 18,00 euros.

Venda anticipada ata o 6 de marzo ás 23.59 h - 15'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 13,00 euros).

 

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Ágora: mesmo día da función, dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión