Concello da Coruña

Concello da Coruña

Des homes et des dieux ("De dioses y hombres")

Un mosteiro nas montañas do Magreb nos anos noventa. Oito monxes cistercenses viven en perfecta harmonía coa poboación musulmá, traballando con eles e participando nas súas celebracións. Inesperadamente, asasinan un grupo de traballadores estranxeiros.

Cando:

Os días 08/11/2013, 09/11/2013, 07/11/2013, 10/11/2013 ás 23:10

Xa rematou

Horario:

xoves, 20.30  h.

venres, 20.30 e 23.00 h.

sábado, 17.30 e 20.30 h.

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano

Prezo:

3'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados: 2'00 €)

Organiza:

IMCE

+ Protagonistas (3 MB)

O exército ofrécelles protección aos monxes, pero estes rexeitárona. Ao pouco tempo, visítaos o grupo armado que di que perpetrou a matanza. O prior mantense firme e convénceos para que se vaian, pero algúns monxes queren abandonar o mosteiro. o prior pídelles que reflexionen e que a decisión sexa colectiva. Os monxes curan a varios terroristas feridos e o exército enfurécese. Pero agora saben o que queren, quedaranse custe o que custe.

 

Director: Xavier Beauvois.

Intérpretes: Lambert Wilson, Michael Lonsdale.

Francia, 2011, 2 h

(V.O.S. en castelán)

NON RECOMENDADA MENORES DE 7 ANOS

Formato: 35 mm

* Festival de Cannes 2010: Gran Premio do Xurado

* NRB 2012- Asociación de Críticos Norteamericanos: mellor filme estranxeiro

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión