Concello da Coruña

Concello da Coruña

Da Vinci tiña razón!: Un policial que non se parece a nada

Precedido pola fama de feroz, vitriólico, desvergonzado, bufonesco e satírico que ten o seu autor, "Da Vinci tiña razón" parece unha obra demasiado lixeira ou superficial para formar parte da obra de Topor.

Cando:

Os días 16/05/2014 ás 20:30 , 17/05/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

É unha obra que imita, para mofarse, a forma da comedia burguesa de sofá e moble-bar. Todo acontece nunha luxosa casa de campo clónica inscrita nunha urbanización de alto nivel. Ao dono parece que lle vai ben na vida: é un alto funcionario do Estado, e recibe a visita da fin de semana do seu máis estreito colaborador, un arribista que vén para ensinar a súa nova esposa, un símbolo de status económico. A lista dos quiméricos inquilinos complétase co fillo dos propietarios, que é grande de máis para que lle cambien os cueiros, e unha au-pair sueca que non lle importa facelo.

Os paxaros cantan, o sol brilla e todo está tan limpo que se podería comer no chan do garaxe... ata que comezan os problemas: os W.C. entúpense e non hai a onde ir. Os dous funcionarios teñen que mudar o seu plan de relax da fin de semana por algo máis adstrinxente: son policías e o seu deber é saber de onde sae toda aquela porcallada. As sospeitas crúzanse, os ollos espían de perfil, os narices engúrranse con desagrado, as sombras deslízanse na noite... Todo baixo a enigmática mirada da Gioconda, que parece dicir: En todo este asunto hai algo que ole moi mal.

O espectáculo, de Producións Teatrais Excéntricas, S.L., dirixido por Quico Cadaval, está protagonizado por María Costas, Evaristo Calvo, María Garat, Víctor Mosqueira, Ana San Martín e Santi Romay.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión