Concello da Coruña

Concello da Coruña

Crise nas neuronas nun país incerto

Nun centro de alta investigación, un profesor sostén que a crise económica que sofre a poboación ten a súa orixe nunha eiva que padecen os seus mandatarios na transmisión neuronal.

Cando:

07/06/2014

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas: 5 € (carné xove, + 65 anos, e desempregados: 4 €)

Televenda:

Ataquilla.com

Eiva que segundo os seus estudos puido virlles como consecuencia do estrés que acumularon nos seus cargos de mando.

No medio das súas investigacións, o profesor decátase de que o goberno formula que a mellor saída para frear a crise económica pola que pasa o país é pór en marcha a venda dos centros de investigación a unha multinacional hoteleira, que desexa converter eses edificios en hoteis.

Mentres fraguan as xestións da operación de venda, ao profesor ocórreselle facer unha recepción oficial ás autoridades do país no obradoiro de química no que traballa, con degustación incluída do seu afamado "café de Colombia", café que prepara no laboratorio e que nesta ocasión levará o aderezo dunhas pingas da proteína que descubriu, iso si, sen que ninguén coñeza semellante argallada. Un final inesperado porá diante do espectador a crúa realidade que sofren os cidadáns do incerto país do profesor.

Compañía: Trotaconventos Teatro

 

Con Sonsoles Carnero, Rosa Freire, Moncho Álvarez, Carlos Freire, David, Pilar Pedreira, Emma Fernández, Tamara Brage, Noelia Blanco

Dirección: Carlos Freire.


Entradas: 5 € (carné xove, + 65 anos, e desempregados: 4 €)

Venda de entradas:

- Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Forum: unicamente o mesmo día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión