Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coro Cantabile

O coro infantil e xuvenil Cantabile ofrécenos nesta ocasión un concerto integrado por obras de dous dos máis grandes compositores da historia da música occidental: W. A. Mozart e J. Haydn.

Cando:

22/10/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón

O programa escollido, que en como punto culminante a interpretación da Missa Brevis Sancti Joannis de Deo (Hob, XXII:7) de J. Haydn, adáptase á perfección ás educadas voces dos nenos e mozos do coro. Neno cantor na Catedral de S. Esteban de Viena desde 1740, J. Haydn aproveita ao máximo as pecularidades das voces brancas e as súas distintas combinacións tímbricas cunha música alegre e refinada caracterizada polas súas elegantes liñas melódicas.    

A posteridade non verá tal talento outra vez en cen anos. Con estas palabras J. Haydn describía as capacidades do mozo W. A. Mozart, segundo protagonista deste concerto. Un dos aspectos máis importantes da súa música, e que a converte en algo único e especial, é a importancia que ten a voz, que ocupa un lugar primordial en toda a súa produción,. Isto faise notar non só en misas ou óperas senón tamén en sinfonías, sonatas e concertos. A frase musical de Mozart articulase, vive e respira arredor da voz.

 

      

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión