Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cor urbana

Exposición da artista Mª Luisa Rojo-Novais Grandío, coñecida como Novais.

Cando:

Dende o 17/01/2014 ata o 02/03/2014

Xa rematou

Enderezo:

Casa Museo María Pita

Prezo:

Entrada libre.

Estudou debuxo, acuarela, pastel e óleo entre os anos 1977 e 1978 na Escola de Artes Pablo  Picasso co profesor Mariano Fernández Patiño. Asistiu ao Taller de escaiola, baleirado, talla e modelado na Escola de Artes e Oficios nos cursos 1971 e 1972. Estuda na Escola Superior de Artes Pablo Picaso de Coruña, e gradúase en 1974. Dende 1974 a 1977 estuda decoración de interiores na Escola de Arte Superior Pablo Picaso, e continúa estes estudos de Arquitecto de Interiores en Salamanca, cursos do 1987 ao 1990.

Realiza cursos sobre iluminación nas obras de arte en Madrid, os anos 1992 e 1993. Realiza cursos de gravado (litografía e xilografía) no CIEC de Betanzos e de gravado calcográfico no Museo de Belas Artes de Coruña. Asiste a un curso de colaxe "Cadernos de desmonte” no MACUF, da Coruña. Fotopolimero Fundacion Ciec.

No 2007 participa no II Certame de Pintura Rápida "Explotacións Mineiras de Galicia” das Minas de San Finx. No 2008 no XXV Certame de Pintura Concello de Cambre. No 2009 no XXXI Premio Internacional de Pintura Caja de Extremadura, no XXVI Certame de Pintura Concello de Cambre e no IV Certame de Pintura Arte Nova Galega. No 2010 Selecionada XII edición da Bienal de Balconadas de Betanzos. No 2012 participa no curso "Arte galega contemporánea na natureza", organizado pola UIMP, realizado no Pazo de Mariñán. Este mesmo ano participa no "IV Encontro coa arte", no Pazo de Mariñán. Unha das súas obras pasou a engrosar a colección Andante, que este 2012 foi exposta no Ateneo Cultural El Albéitar de León. A súa obra figura no libro "Artistas do noso tempo, Guía Galart 2011". Realiza exposicións individuais e colectivas.

A súa obra atópase en coleccións particulares e institucionais como a Fundación CIEC de Betanzos, o Concello de Cambre, Concello de Oleiros, Concello de Ortigueira, Concello de Culleredo, Club Financeiro Atlántico de Coruña, Sociedade Artística Ferrolá (SAF), Concello de Monforte, Liceo de Betanzos, conxunta Pazo de Mariñán "Deputación" Círculo de Empresarios do Tambre, Santiago, a Galería Vieira Portuense do Porto e a Galería BCN de Barcelona. Fundacion Ciec Betanzos, Galería Primera Planta A Coruña, Galería AlenKlass A Coruña, Galería PerPolis León, Asociacion ARGA, Casa da Cultura de Noia, Cultura Juan Lebrey Sada, Cultura de Betanzos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión