O Planetario da Casa das Ciencias acollerá unha nova sesión de música electrónica do ciclo Modulartec-Vortex
Para público en xeral
26/04/2024
Xa rematou
A compra de entradas en liña abrirase o luns 22 de abril ás 11.00 horas neste enderezo
PRAZAS ESGOTADAS
Venres 26 de abril ás 21.00 horas
Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
70
4,12 euros
A compra de entradas en liña abrirase o luns 22 de abril ás 11.00 horas neste enderezo
Este novo concerto do ciclo Modulartec-Vortex contará coa música de @hataken_tfom, produtor e artista de música electrónica de Tokio, ademais de director do festival de modulares desa cidade. Utiliza os sintetizadores modulares para abranguer múltiples xéneros, creando un estilo único e cargado de psicodelia. Esta icona da escena modular xaponesa participou en múltiples festivais da envergadura de Ozora festival, Sonica festival ou o Sound Wave.
A parte visual será ofrecida por @hey_pablo!, alter ego de Pablo Pérez Sanmartín, vinculado á súa faceta como dj e ao seu traballo no mundo dos nft e a arte dixital. A súa obra fala do presente, das estéticas de consumo e das subculturas xuvenís desde a perspectiva do vanitas. O seu traballo púidose ver en diferentes museos como o CGAC, o CACP de Bordeaux, ou o New World Museum en Houston.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible