Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de jazz

Concerto de Marcel Pascual Quartet, liderado polo vibrafonista Marcel Pascual Royo

Cando:

20/06/2014

Xa rematou

Enderezo:

Pub Jazz Filloa . Rúa Orzan 31. 15003 A Coruña

Prezo:

5 euros

Marcel Pascual Quartet naceu no 2013 na cidade do Porto. O cuarteto está composto por músicos formados na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto (Esmae), lugar onde se coñeceron os catro integrantes. Completan o grupo o guitarrista Mané Fernandes, o contrabaixista Diogo Dinis e o baterista Nuno Oliveira. O repertorio baséase na súa maior parte en música orixinal de Marcel Pascual, pero tamén nalgúns arranxos de temas ou estándares de jazz, propostos tamén por el pero definidos polo traballo en grupo, os cales tratan de transformar certos aspectos rítmicos ou harmónicos, creando así unha nova relación coa música xa coñecida. O son resultante desta formación intenta polo tanto espremer ao máximo as posibilidades tímbricas da instrumentación, explorando diferentes vertentes estilísticas (hip-hip, afro, funk, free...) tratando sempre de non perder a súa identidade artística. Marcel Pascual Quartet tocou xa en sitios como o Café Concerto da Esmae, a sede da Asociación Porta-Jazz no edificio Axa de Porto e o auditorio da FEUP de Porto.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión