Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto de Caxade

Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk con sabor a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa.

Cando:

15/05/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Caxade é neste momento unha banda musical, pero naceu no último trimestre do ano 2012 como un proxecto audiovisual transgresor a través da publicación das videocreacións Dança dos Moscas, Gente Pota e Sr. Xorda (con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tania Ameneiro). Un universo surreal de persoas poderosas con cabezas que soan ao baleiro das potas, que moven fíos para enganarnos no menú que temos que comer, con pretensións de ilusionarnos converténdonos en moscas danzando arredor do seu manxar favorito e que, no fondo, crean a utopía coa que soñan: que non nos escoitemos nin nos organicemos, pois eles tampouco queren oír.

Gañou o Certame Música Xove coa formación de banda para tocar en directo: Manu Paino (trompeta e carillón), María da Pontraga (pandereita e voz), Manu Espinho (bombardino) e Xosé Tunhas (batería).

 

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión