Concello da Coruña

Concello da Coruña

Clinc

Clinc! É unha montaxe creada e dirixida por Pep Bou. Finalista a mellor espectáculo infantil na XVI Edición dos Premios Max das Artes Escénicas, 2013.

Cando:

18/05/2014

Xa rematou

Horario:

18 horas

Enderezo:

Teatro Colón

Premiado co 'Special Children Jury Award' e o 'Special Town Jury Award' no XXI Kotor Theatre Festival for Children, 2013 (Kotor, Montenegro).

Finalista a mellor espectáculo infantil na XVI edición dos Premios Max das Artes Escénicas, 2013.

Clinc! É unha montaxe creada e dirixida por Pep Bou. Froito dos anos de experimentación coa linguaxe das burbullas de xabón e outras estruturas tensioactivas nace esta montaxe protagonizada por dous dos talentos emerxentes da Compañía Pep Bou, Isaías Antolín e Eduardo Telletxea.
A montaxe é un paso máis na linguaxe propia da factoría Bou, incorporando novos personaxes e dotándoo dunha acentuada tonalidade cómica que conforma un tipo de espectáculo innovador onde as escenas de teatro visual non son as únicas protagonistas da obra.
Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de forma pesimista; cando deciden contemplar a beleza da súa contorna e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada.
Trátase dun xesto ou un símbolo no que os personaxes protagonistas da obra cambien de actitude e en lugar de vivir con medo ao descoñecido gozan do seu descoñecemento.
Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza do que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión