Concello da Coruña

Concello da Coruña

Citinart 2014

Espazo de convivencia único e innovador no que se mostrarán á cidadanía os produtos e servizos culturais que se ofertan na Coruña.

Cando:

Dende o 23/05/2014 ata o 01/06/2014

Xa rematou

Horario:

De mañá e tarde.

Enderezo:

Xardíns de Méndez Nuñez

Prezo:

Gratuíta.

A través de 11 colectores construídos con palés, 40 profesionais de diferentes disciplinas artísticas mostrarán os seus traballos e propostas.

Citinart quere converterse nun fiel reflexo das inquietudes e os movementos máis activos que se poden encontrar dentro do panorama artístico máis actual.

Partindo dunha concepción similar á que no 2013 se empregou para outros eventos que tiveron grande éxito de público e artistas, como Incoruña ou como Foto/Vídeo, o proxecto Citinart 2014 ten como gran novidade que os colectores culturais serán de palé, dentro da filosofía de transmitir nesta mostra que o obxecto sempre ten unha segunda vida, unha segunda oportunidade a través da reutilización dos materiais.

 

 Nesta ocasión, instalaranse un total de 11 colectores:

  1. COLECTOR URBAN SKETCHER CORUÑA
  2. COLECTOR ARTE URBANA
  3. COLECTOR PINTURA
  4. COLECTOR ESCULTURA
  5. COLECTOR FOTOGRAFÍA
  6. COLECTOR ESTUDO DO FOTÓGRAFO
  7. COLECTOR LITERATURA
  8. COLECTOR SOCIOCULTURAL: ONCE
  9. COLECTOR SOCIOCULTURAL: Nos Why Not
  10. COLECTOR AUDIOVISUAL
  11. COLECTOR VISUAL EN 3D con proxecto RECREA en Cartón

COLECTOR INSTALACIÓN. + Proxecto Escola Pablo Picasso AULA POLIVALENTE “EN CONSTRUCIÓN”

Artistas por disciplinas:

  • PINTURA: Edu Albo + Irene Sanjuán + Victoriano Fernández + Roge Fernández + Óscar Cabana + Ovidiu Batista + Iago Domínguez
  • GRAVADO: Nuria Pena
  • ARTE URBANA: Nin9 + Susana Shalabi + ErrE
  • ARQUITECTURA: Moddo Estudio de Arquitectura + Soma Arquitectura “No Importa”
  • ESCULTURA: Iulian Paraschiv + Ignacio Pérez + Samuel Castro+ Francisco Escudero
  • FOTOGRAFÍA: Pablo Mella + Roi Alonso + Carmen Ollé + Marcelo Bilevich + Luis Carré
  • LITERATURA: Javier de la Rosa “Milicia Gráfica” + Pedro Ramos “Polisemias”
  • URBAN SKETCHER CORUÑA: Carlos Sagar + Pelayo López + Marcos Real + Lucía López
  • AUDIOVISUAL: S8 + Festival de Curtas Por Amor á Arte
  • COLECTIVOS: Nos Why Not + ONCE + Esc. Pablo Picasso + RONSEL
  • OUTROS: Pablo Ferrer “Fiumichino” + Laura Piñeiro “CROMÁTICA” + Alejandra Sánchez Brage “Bevel”+ RECREA en CARTÓN

Cada colector estará ocupado por un artista durante polo menos tres días, tempo no que terá a oportunidade de convidar a un colaborador ou ao público para compartir con el unha tarde. Os colectores estarán abertos ao público en horario de mañá e tarde e atendidos en todo momento polos artistas, que aproveitarán para realizar obras e traballos en directo.

Cada disciplina será apadriñada por unha figura de recoñecido prestixio internacional e que nacese, residise ou que estea vinculada de maneira directa con Galicia. Así, está previsto que na inauguración de Citinart 2014 participe Antón Lamazares, pero tamén se achegarán ata os xardíns de Méndez Núñez artistas da categoríaa do debuxante Miguelanxo Prado, o ilustrador Javier de la Rosa ou o artista de sketchcrawl Sagar.

En función da capacidade e da expectación que esperte o programa, os talleres e conferencias trasladaranse ás aulas e ao auditorio da sede da ONCE na Coruña, xunto ao Obelisco.

Máis información en: www.facebook.com/citinart

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión