Limiar Teatro.
31/01/2014
Xa rematou
20.30 h.
60 min
7.00 euros (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 5.00 euros).
É a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Lectores castrados nunha sociedade en que os libros son preservados na clandestinidade máis aló do mar, na terra dos homes libro. O lugar onde cada persoa toma o nome do libro que aprende e protexe na súa memoria.
Fahrenheit é un espectáculo interactivo e didáctico baseado na novela Fharenheit 451 que combina a narración, a música en directo e os monigotes para contar a historia dos homes libro. A temática da peza xira sobre a importante relación que se establece entre a oralidade e a escrita e como existen pontes nun e outro sentido que fan que unha lingua se manteña viva.
Verbum Fahrenheit está creado a partir de textos de 100 autores de toda a lusofonía: Galicia, Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, São Tomei e Príncipe e Guiné-Bissau e Timor Leste. Desta maneira, o espectáculo constitúe unha homenaxe á nosa literatura e á nosa lingua.
Estética futurista e música en directo que fusiona instrumentos tradicionais con instrumentos urbanos e elementos contemporáneos como o loop station en temas tradicionais pasados por un son contemporáneo que lle confira unidade sonora á peza. Guitarra, zanfoña e gaita ao servizo da dramatuxia.
Entradas: 7.00 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 5.00 euros)
Venda de entradas:
- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).
- Despacho do Fórum Metropolitano: mesmo día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo).
- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible