Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Sen Numerar: Pequenos actos pseudorevolucionarios

Ibuprofeno Teatro

Cando:

04/04/2014 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

7.00 euros (carné xove, +65 anos e persoas desempregadas: 5.00 euros).

Televenda:

Ataquilla.com

É evidente que nos enganan e  nos manipulan. Só interesamos como consumidores ou como votantes, que é o mesmo. Como podemos cambiar esta situación? Pasando á acción. Tomando o desquite pola nosa conta. Non seremos quen de darlle a volta ao sistema pero podemos concedernos pequenos caprichos. Como? Levando a cabo Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos.

Este é un espectáculo cómico-político-absurdo baseado nuns textos escritos a partir dun proceso de investigación e creación colectiva e que entrelazan varias historias que parten dun nexo común: personaxes que levan a cabo Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios, é dicir, deciden emprender accións de protesta de maneira privada e individual (por iso son pequenos) para manifestar o seu desacordo co funcionamento ou significado dalgunha institución pública ou privada ante a cal non encontran outro medio de manifestarse, aínda que con estas iniciativas non vaian solucionar "nada". Pintando a catedral de rosa, roubando todos os "Painoeis" da decoración pública de Nadal, quitando os cuartos do banco e queimando as cartillas, montándolles un escándalo aos funcionarios do INEM, participando nun apagamento xeral, boicoteando un mitin electoral ... non conseguiremos un mundo máis xusto pero polo menos habemos gozar dunha sensación de alivio grazas á complicidade co público...

Con Santiago Cortegoso e Marián Bañobre.

Autor: Santiago Cortegoso.

PREMIO MARÍA CASARES 2013 AO MELLOR TEXTO ORIXINAL E Á MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA.

 

Entradas: 7.00 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 5.00 euros)

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Fórum Metropolitano: mesmo día do espectáculo, dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión