Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - A Odisea

Rafael Álvarez El Brujo

Cando:

Os días 11/04/2014 ás 20:30 , 12/04/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

9'50, 13'00, 15'00, 21'50 €.

(Carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

A Odisea é un proxecto que se integra nunha liña de traballo sostida durante anos seguindo o estilo propio do "actor solista", tradición europea que se remonta aos xograres antigos e cuxo expoñente máis prestixioso é o premio nobel Dario Fo.

Segue o impulso de espectáculos como Lazarillo de Tormes, O Quixote ou O evanxeo de San Xoán. Sobre a base dun referente clásico de ampla difusión cultural, ofrécese ao público unha lectura renovada dos mesmos motivos antigos, tratando de extraer os valores contidos neles, nunha época na que a información, ás veces, menoscaba o sentido e a orientación final do coñecemento. Coma sempre estas preocupacións latexan debaixo dun esquema sinxelo que fai do espectáculo directo, vivo, popular e nun constante manexo do humor como fío condutor o relato. Incorpora a música en vivo con instrumentos tradicionais antigos que remiten ao contexto musical de Oriente, Turquía, Bizancio e a India: táboa hindú, pedais, citar, notas sostidas, etc.

A Odisea presentará un mundo fantástico para un público que non ten tempo para ler estes textos pero que está ávido deles no marco dos grandes festivais do teatro clásico deste país.

Con Rafael Álvarez "El Brujo" e os músicos Daniel Suárez "Sena", Javier Alejano e Mauricio Loseto.

Versión e dirección: Rafael Álvarez "El Brujo".

 

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho da Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión