Concello da Coruña

Concello da Coruña

Chelo Facal

A artista multidisciplinar Chelo Facal inaugura unha exposición de pintura no café galería O Mentireiro (rúa Beira Mar, 12. Zona Monte Alto, A Coruña)

Cando:

Dende o 13/06/2014 ata o 13/07/2014

Xa rematou

A Coruñesa iniciou a súa actividade expositiva a mediados da década dos 80 e dende entón realizou multitude de exposicións individuais e colectivas, principalmente en Galicia e publicou os seus debuxos en xornais (A Nosa Terra) e libros (Gran Enciclopedia Galega, Kitaro/Ti – Brais do Castro). Gañou diversos premios, entre os que destacan o 1º Premio de cerámica no Concurso Internacional Palacio de Módena (Italia). A súa obra pódese contemplar de forma permanente no Concello de Oleiros ou no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

A obra de Chelo Facal caracterízase pola súa absoluta orixinalidade en canto ao tratamento de formas e cor, en perfecta simbiose co seu peculiar expresionismo. Os temas da pintura de Chelo Facal, camiñan dende un mundo idílico de vasos de flores, multitude de variantes sobre o tema do mar, peixes, paisaxes, sereas e belas mulleres de grandes ollos, ata imaxes extraídas dos seus propios pesadelos, nunha estraña viaxe que en ningún caso deixará indiferente o público e que consegue que a súa obra se revalorice día a día.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión