Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cea con amigos

Unha obra de Donald Margulies cun texto belo e intelixente, con delicado humor onde todo comeza cunha simple cea entre amigos, como tantas, compartindo anécdotas, recordos comúns e viaxes

Cando:

Dende o 18/09/2014 ata o 19/09/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina s/n. 15003 A Coruña

O tema é que nesta ocasión unha noticia (a ruptura dunha das parellas) empeza a rachar a típica serenidade destas familias economicamente acomodadas, burguesmente constituídas, existencialmente satisfeitas. Os efectos da disolución marital produce que todo -o que parecía no seu lugar e era tan tranquilizador- rache.
Como pezas de dominó a caída traerá aparellada unha estampida que derreterá os cimentos diso que parecía tan ben construído. E aquel aparente equilibrio desaparecerá, para dar lugar a unha realidade máis cuestionada, como se ao corroerse o veo do natural e cotián obviamente nos obrigásemos a indagar non só de quen nos facemos amigos, senón con quen eliximos compartir a nosa vida.
Un delicado aviso á hipocrisía familiar que mira cara a fóra e moi pouco cara a dentro. Comedia romántica? Pode ser pero non esperemos finais rosas ou compracentes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión