Documental ficcionado no que se mestura a época actual, imaxes de arquivo de Castelao ou flashbacks que nos achegan a dúas fructíferas décadas -de 1916 a 1936- da vida do artista e escritor de Rianxo, axudando a entender o seu pensamento, e a súa vida persoal, cultural e política.
Para público en xeral
02/12/2019
Xa rematou
19.30 h
48 min
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada de balde até completar a capacidade
Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas dedicado a Castelao. A mestra (Uxia Branco) encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Xavi (Iago Novoa), un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao e non sabe contestar ás preguntas da profesora. A partir de aí, o neno articula un mundo entre a fantasía e a realidade que se inicia cando a estatua de Castelao do grupo escultórico da Praza de San Xosé cobra vida (Miguel Pernas) e percorre co neno os lugares máis significativos da Pontevedra na que viviu o insigne galleguista durante 20 anos.
Guión e dirección: Miguel López
Ano: 2017
Intérpretes: Miguel Pernas, Iago Novoa, Uxía Blanco, Yolanda Vázquez, Silvia Romaus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible