Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carmen

A compañía de danza española Aida Gómez presenta Carmen.

Cando:

09/11/2013

Xa rematou

Horario:

21 horas.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña

Prezo:

15 euros.

Televenda:

Ataquilla.com

"Carmen", baseada nunha novela de Prosper Merimée, levou á fama a Georges Bizet, un novo compositor gañador de moitos premios, pero que apenas chegou a gozar dese éxito que o levou á fama internacional, debido á súa morte tres meses despois da estrea.

A acción desenvólvese en Sevilla a finais do Século XIX. Fábrica de Tabacos. Carmen, a cigarreira, establece unha pelexa con Manuelita no interior da Fábrica de Tabacos, cortándolle a cara e motivando a súa detención por parte do tenente Zúñiga, quen encarga a don José, cabo do Rexemento de Dragóns de Alcalá, o seu traslado a prisión. Carmen seduce a don José, quen procura a súa liberación, polo que é arrestado e degradado. Tempo máis tarde, Carmen atópase na taberna de Lillias Pastia, onde se citou con don José. Aparece o Toureiro Escamillo, do que Carmen se prenda. Tras diversos avatares, na praza na que tourea Escamillo, Carmen atópase con don José e decide dar por terminada a súa relación, devolvéndolle o anel que este lle regalou en proba de amor. Don José, cegado polos celos e, mentres o público da praza vitorea a Escamillo, afunde o seu puñal no corpo de Carmen, e cáusalle a morte.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión