Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carerucita Roja

Unha coidada produción que presenta un minucioso traballo musical do novo compositor uruguaio, Carlos Aznarez, que nos transporta á historia da nova carapuchiña nun mar de notas salpicadas da maxia que ofrece a coñecida historia.

Cando:

07/09/2013

Xa rematou

Horario:

12 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Había unha vez unha nena moi bonita. A súa nai fixéralle unha capa vermella e a mociña levábaa tan a miúdo que todo o mundo lle chamaba Caperucita Roja. Un día, a súa nai pediulle que lle levase uns pasteis á súa avoa que vivía alén do bosque, recomendándolle que non se entretivese polo camiño, pois cruzar o bosque era moi perigoso, xa que sempre andaba asexando por alí o lobo…
Sóalles? Así comeza Caperucita Roja, un dos centos de contos de tradición oral que recompilaron os irmáns Grimm nos albores do século XIX e que se encontra entre os máis coñecidos e narrados dende a súa publicación. Nesta ocasión, e en estrea absoluta, adáptase para a ópera familiar nunha divertida e pedagóxica versión.

Unha coidada produción que presenta un minucioso traballo musical levado a cabo por un novo compositor uruguaio, Carlos Aznarez, quen acerta a transportarvos á historia da nova carapuchiña nun mar de notas salpicadas da maxia que ofrece a coñecida historia. O texto foi adaptado e dirixido para a ocasión por Miguel Ribagorda, quen tivo en conta, por unha banda a versión dos irmáns Grimm, por outro o texto orixinal de Caperucita Roja de Charles Perrault e por último a súa visión e adaptación para público teatral familiar.



Caperucita Roja, soprano lixeira – Rocío Pérez Rodríguez

Lobo, baixo – Ulises Fuentes

Leñador, actor – Agustín López

Avoa, tenor – Andoni Barañano

Nai, soprano – Silvina Arroyo

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión