Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cancións contadas cancións

Espectáculo de música, poesía e proxeccións audiovisuais, realizado polo grupo artístico MON SANTISO E COMPAÑÍA.

Cando:

09/11/2013, de 00:01 a 23:01

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Facedoras SL

A memoria musical é, sen dúbida, unha memoria emocional, sentimental. De aí que existan cancións que permanecen vivas no tempo e sexan universais.

O que Mon Santiso e Compañía propoñen é facer intelixibles, a un público heteroxéneo, as letras de certas cancións emblemáticas e de diversas épocas e países, mantendo, por suposto, as súas respectivas composicións musicais. Para iso, todas as letras van traducidas ao galego, excepto as escritas en portugués e brasileiro. A maneira de expresar estas letras, e polo tanto de facelas máis comprensibles, é recitándoas.

Compoñen o grupo: Mon Santiso, Eva Veiga, Marcos Seoane (violín), Zita Tanasescu (piano), Gabriel Tanasescu (violonchelo).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión