Concello da Coruña

Concello da Coruña

Café Quijano: "El Bolero volumen 2"

Tras conseguir disco de platino con "Orígenes: El Bolero" e o seu éxito realizando máis de 60 concertos por toda España e esgotando todas as entradas, Café Quijano preséntanos o seu novo disco "Orígenes: El Bolero Volumen 2".

Cando:

13/06/2014

Xa rematou

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

21 horas

Nos primeiros meses do ano 2012 estabamos na nosa casa, en León, gravando, moi tranquilamente, o álbum da nosa 'reaparición' na música despois de nove anos. Só sabiamos unha cousa: o que estabamos a facer emocionábanos como nunca antes nos emocionara unha gravación.

E, o máis importante, estabamos a facer o que, realmente, queriamos facer. Todo o demais era unha incógnita. Esa incógnita transformouse en felicidade cando os nosos “boleriños” viron a luz. Non nos esperabamos unha resposta así, sinceramente. Quizais, nalgunha ocasión, puidemos soñalo; só iso.

Hoxe, estamos moi agradecidos por tanto agarimo demostrado cara a nós e cara a esas cancións que son a nosa vida.

Somos conscientes do que significa ter a posibilidade de seguir facendo o que máis nos gusta e non nos cansaremos de dar as grazas a todos por permitirnos volver ensinar outra colección de boleros neste segundo volume.

E, moi agradecidos ao noso compañeiro de viaxe de sempre, Warner. Desexamos que gocedes escoitándoos tanto como nós gozaremos interpretándoos o resto das nosas vidas. O noso máis sincero agradecemento.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión