Concello da Coruña

Concello da Coruña

Blake + alá da imaxinación

"Blake + alá da imaxinación" é unha nova experiencia, Blake é imprevisible, Blake é o jazz da maxia da mente, do mentalismo, das ilusións mentais. 29 anos de vida desenvolvendo novas ideas e presentacións, un repaso por estes anos, unha improvisación permanente, nunca dous días da túa vida son iguais, en Blake ocorre o mesmo.

Cando:

27/09/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Nunca dous espectadores responden igual, nin pensan igual, Blake ten que adaptarse, o ritmo márcao o espectador, o deseño do espectáculo tamén, a resolución, só en mans de Blake.

Unha cámara negra, unha mesa, un taburete, unha luz discreta, intimista, misteriosa, unha música suxestiva e ás veces inquietante e unha voz envolvente que te arrastra aos recunchos dos teus pensamentos, Blake non le a mente, le, interpreta, manipula os teus pensamentos, e todo iso a moi curta distancia.
Diferentes lugares en cada ocasión, diferentes espazos, escenarios, medios técnicos; unha nova idea próxima, intimista, sinxelamente xenial.
Non lle deas máis voltas, Blake vaino saber, non te poñas nervioso, Blake vaino notar, sae ao escenario, Blake vaite sorprender.

E ao final de todo isto, cando xa esteas na rúa, seguirá resoando nos teus oídos a frase, esa frase que todo o remata: "E lembren, todo o que viron, foi produto da súa imaxinacion, non lle dean máis voltas, non ten sentido".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión