Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bipolar Fest

Segunda edición do festival, un dos grandes eventos das festas de San Xoán e que se realizará na cidade durante tres días: o 20, 21 e 22 de xuño.

Cando:

Os días 20/06/2014, 21/06/2014 ás 00:30 , 22/06/2014

Xa rematou

Horario:

20 xuño: 20.00 a 02.00 h

21 xuño: 20.00 h a 02.00 h

22 xuño: 12.00 a 14.00 h (sesión vermouth) e de 17.00 h a 23.00 h

- Concurso de "Eu son o rei do pop" 17.30 a 20.30 h

- Moonwalkers "Tributo a Michael Jackson" de 21.00 a 23.00 h

Enderezo:

Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

libre e gratuíta.

Organiza:

IMCE

Mantense intacta a filosofía de apoio aos músicos coruñeses aínda que, nesta ocasión, tamén se contará coa presenza de figuras de primeiro nivel como o grupo musical sevillano de música funk O´Funk´illo; ou Pol 3.14, un dos sons pop máis escoitados do momento."

Na xornada do domingo realizarase unha grande homenaxe ao rei do pop que incluirá, xa dende a mañá, sesión vermut, concurso e, finalmente a actuación do grupo Moonwalkers que cerrará esta nova edición de BiPolar.

Como na edición anterior, este proxecto de fusión musical combinará pop, rap, rock, funk ou música de autor para chegar a todas as idades e a todas as culturas urbanas. Ademais, tamén repetirá formato e espazo dentro da aposta da Concellería de Cultura por recuperar o parque de Santa Margarita como un dos grandes espazos culturais da cidade:

O Festival realizarase a fin de semana anterior a San Xoán:

- Venres, 20 de xuño. De 20.00 a 02.00 horas. Contará coa participación de Pol 3.14 (música pop); Jacobo Paz e Dos Mundos (rock coruñés); The Peixes (grupo coruñés de versións); Baldosa Amarilla (rock alternativo vigués); Insolvens (pop rock da Coruña).


- Sábado, 21 de xuño. De 20.00 a 02.00 horas. Contará coa participación de O'Funk'illo (grupo musical sevillano de música funk); Seissenseis (rap da Coruña); Kromon Gent (música alternativa); Riff Raff (banda de rock tributo a AC/DC de Ferrol); Al Vila (acústico); e a banda convidada Mr. Deegres, de Betanzos.

- Domigo, 22 de xuño. De 12.00 a 14.00 horas, e de 17.30 a 23.00 horas. Grande homenaxe ao rei do pop con sesión vermut a cargo dos DJ´s de PazRecords, cunha selección orientada ao mundo musical de Michael Jackson. Pola tarde haberá un concurso temático e de noite a actuación do grupo Moonwalkers que dará peche a esta nova edición de BiPolar.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión