Concello da Coruña

Concello da Coruña

Beyond Black

ÚLTIMOS DÍAS PARA VISITAR ESTA EXPOSICIÓN

Cando:

Dende o 04/06/2014 ata o 20/07/2014

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h.

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíta.

BEYOND BLACK é o titulo dunha exposición retrospectiva de fotografía, cuxo nexo de unión é …”unha certa forma de ver a arquitectura”. Mostra obras dende 1987 a 2014.

Juan Rodríguez é un dos mellores expoñentes do excelente momento da fotografía coruñesa. A súa obra está centrada na arquitectura, dende a súa profunda sensibilidade á que non é allea a súa formación na Escola de Arquitectura da nosa cidade. A comisaria da mostra, Marta Gerveno, realizou unha exquisita selección de 70 pezas a través das cales percorremos o mundo.

www.juanrodriguezphotography.com

Arquitecto de formación pero atraído pola fotografía dende os 16 anos, en 1984 decidiu dedicarse en exclusiva a esta práctica. Ademais de fotografía de arquitectura na que destaca a súa condición de co-editor xunto con Ana Leal da revista A.mag, International Architecture Technical Magazine. Realizou numerosos traballos profesionais nos campos da moda, a publicidade e, fundamentalmente, a fotografía documental. En busca dunha fotografía máis persoal, viaxou por Galicia, Italia, Grecia, Francia, Holanda, U.S.A. Nepal, Tailandia, Finlandia, Rusia, India, Xapón, Exipto, Alxeria, Patagonia, etc…

As súas imaxes persoais, afastadas do compromiso da representación técnica propio do seu traballo profesional, reflicten unha mirada sensible, especialmente motivada pola presenza da luz e a maneira en que os obxectos emanan do espazo. Xeran unha especie de latencia constante, cargada de misterio, que obra un xogo de luces e sombras nos lugares que o fotógrafo visita e aos que dota do seu propio universo, configurando unha nova visión, unha nova realidade.

Destacan as súas exposicións Patagonia, realizada no Instituto Cervantes de Chicago no 2005; Arquitectures na Fundación FORUM 2011; All things must pass, que puido verse na Galería Valid Foto de Barcelona no 2010; e a súa participación na colectiva A cidade, minuto a minuto, que tivo lugar no marco de PHotoEspaña 2011, en Madrid, na sala de exposicións do Ministerio de Fomento. A súa obra forma parte das coleccións do Instituto Cervantes de Chicago, a Maison Européenne de la Photographie (París), o Museu Nacional d'Art de Catalunya (Barcelona) e a Colección Encontros da Imagem de Braga (Portugal), entre moitas outras coleccións públicas e privadas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión