Concello da Coruña

Concello da Coruña

Berrogüetto: Unha luz que non se apaga

LOCALIDADES ESGOTADAS

Cando:

13/06/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00, 10'00, 13'00, 17'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

O destino, que sempre foi un perfecto vándalo, quixo que os últimos traballos na historia de Berrogüetto sexan a canción Astro de pedra, unha preciosa metáfora sobre os faros, e a banda sonora para Inevitable, a película arxentino-compostelá de Jorge Algora. A inevitabilidade do final é unha característica inherente a todas as criaturas terrestres, e neste sentido Berrogüetto comportouse como un organismo vivísimo durante estes 18 anos, un período nada desdeñable por moito que, a quen dunha ou outra maneira os quixemos, se nos antolle agora curto. Tres lustros e pico durante os que foron embaixadores dun microcosmo propio e seguramente irrepetible, un diminuto estado asembleario que, enraizado orgullosamente máis aló do Padornelo e Pedrafita, alcanzou xeografías e dimensións como os nosos oídos nunca antes chegaron sequera a imaxinar. Un amigo docto nas ciencias da psiquiatría confirmoume en certa ocasión o seu receo ás traxectorias vitais rectilíneas, tan semellantes en trazado ao dun encefalograma plano, e o seu aprecio por aquelas ricas en picos e vales, en desvallares propios dos seres temperamentais e propensos á vibración e ao asombro.

Os berros cérranse agora e o seu historial con cinco concertos únicos e, en todos os sentidos do termo, definitivos. E contarán para iso con todos cantos nalgún momento habitaron o Planeta Berrogüetto: o gaiteiro Fernando Pérez, o primeiro violinista da banda Paco Juncal, as cantareiras que participaron na gravación daquel seminal Navicularia, despois integrantes de Anubía. E, por suposto, Guadi Galego, que asumiu as responsabilidades vocais en tres dos cinco traballos discográficos da banda.

O faro berrogüettense, tras este periplo final, deixará de lucir tal e como o coñecemos.

 

LOCALIDADES ESGOTADAS

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión