Concello da Coruña

Concello da Coruña

Banda Municipal da Coruña

Dirixe Teo Aparicio Barberán, cos solistas Marta Navarro (frauta) e Julián Aparicio (Marimba).

Cando:

24/11/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

12.15 horas.

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña

Televenda:

Ataquilla.com

Teo Aparicio Nace en Enguera no ano 1967. Estudou saxofón con M. Vidal, F. Moral, G. Castellano, M. Miján e J.M. Londeix. Estuda ademais, contrabaixo, piano, harmonía, contrapunto e fuga, composición e dirección de orquestra, e consegue dous premios de honra ao final dos seus estudos nos conservatorios superior de Valencia e Xirona. Amplía os seus estudos con B. Adam, Carl Schahter, Bruno Membrey, sendo Luis Blanes a persoa que máis influenciou a súa carreira musical.

Foi director titular das bandas de Enguera, Fte. La Higuera, Vva. de Castellón, Quart de Poblet e Alaquàs e director convidado de numerosos conxuntos instrumentais (Banda Primitiva de Lliria, Orquestra de L´Ampurda, Orquestra Sinfónica de Albacete, Banda Municipal de Palma de Mallorca, Unión Musical de Monserrat, Sta. María da Feira en Portugal, Banda Municipal de Alacante, Banda Nacional da Habana, Banda Nacional de San José de Costa Rica, Banda “La Artística de Buñol”, Banda Municipal de Valencia, etc...), Banda do Ministerio de Defensa de Rusia, etc. Para as temporadas 2007 a 2009 foi director titular da Banda da F.S.M.C.V.

É autor de máis dun cento de obras para diferentes grupos instrumentais. A súa música interpretouse en Austria, Alemaña, Francia, Suíza, Portugal, Colombia, Bélxica, Xapón, Holanda e Estados Unidos, etc. As súas obras foron incluídas en numerosos certames nacionais e internacionais como o Internacional de Valencia, o W.M.C en Holanda, Fliscorno de Ouro en Italia ou o realizado en Lichtensteig. A súa música está recollida en máis de 15 CD e editada por Ed. Piles, Albadoc, Tot per´l aire, a editorial belga Beriato e a americana Hal Leonard. É membro de COSICOVA e da WASBE. É premio EUTERPE á mellor creación musical sinfónica do 2012.
Traballou como profesor de dirección e composición en diferentes universidades e escolas de Costa Rica, Colombia, Portugal, Bélxica e España.

Na actualidade compaxina a composición coa dirección da Unión Musical Santa Cecilia de Enguera e da banda sinfónica de “La Primitiva Setabense” de Xátiva.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión