Concello da Coruña

Concello da Coruña

As tácticas do adversario

NORMAL ábrese ao conflito cun novo proxecto artístico colectivo no que o videoarte, as instalacións e as accións establecen un diálogo polémico entre o poder e o activismo artístico, presente máis ca nunca nas rúas e nos lugares públicos e privados. Espazos ocupados, comunitarios, como síntomas da vontade de debate e de transgresión.

Cando:

Dende o 28/10/2013 ata o 30/01/2014

Xa rematou

Enderezo:

NORMAL

Un proxecto que se presenta como un campo de intervención e de mediación entre a cidadanía posta en pé, a necesidade de potenciar unha arte que sostén e urxe unha democracia radical cara á transformación e a subversión dos paradigmas hexemónicos.

A táctica do adversario vese desvelada nestas pezas de videoarte que mostran espazos activos, conflitivos e opostos á aceptación da norma. As propostas destes artistas internacionais deseñan un abano de tácticas que pretenden activar a tensión política que o espectador, como cidadán, constrúe mediante o debate, a negociación ou a confrontación.

NORMAL, nestes momentos de crise e de interrogantes, transfórmase máis ca nunca nun espazo común, experimental, aberto á cidadanía e xerador de políticas culturais críticas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión